SLOWLY ATELIER
Lámpadas de origami
24/10/2026 · 11:00–13:30
Bres · Taramundi
Unha mañá entre papel, pregamentos e luz no Centro de Artesanía de Bres. Deseña e crea a túa propia lámpada de origami, con acompañamento e tempo para practicar. Non precisas experiencia previa.
Prezo: 45 €
Consulta o prezo, a dispoñibilidade e as condicións na ligazón de reserva.
