Slowly Atelier
ESGLEN

NADAL 2026

Regala un obradoiro creativo polo Nadal ou por Reis

Pregamentos de origami en tons cálidos

Cun bono de Slowly Atelier podes deixar a data aberta. Regálao agora e, cando saia a programación da próxima temporada, quen o reciba poderá escoller entre os obradoiros e as experiencias anunciados. Unha maneira de propoñer unha mañá xuntas sen ter que cadrar axendas en decembro.

Comprar bonos regalo ↗

Unha programación que cambia coas estacións

Cada mes haberá propostas de distintas temáticas durante o outono, o inverno e a primavera. Publicaremos o programa antes de que comece cada estación, co lugar, a data e o prezo de cada encontro. A nosa zona principal é a Mariña lucense e o occidente asturiano; o Barbanza é a nosa segunda base.

Papel, tinta e cor

Hai quen goza seguindo a xeometría dunha lámpada de origami e quen prefire ver que pasa ao mesturar dúas cores de arxila. O gravado ten outro ritmo: fas un debuxo, preparas o selo e só ao levantar o papel ves a primeira impresión. Son xeitos distintos de pasar unhas horas creando, con materiais e acompañamento, mesmo se é a primeira vez.

Tamén hai propostas de pintura e caderno de debuxo. Se vas compartir o agasallo, podedes agardar a que saia o calendario e escoller o encontro polo que vos apeteza facer ese día. As fotos amosan detalles das nosas experiencias; as técnicas cambian coa programación.

Dous importes, a mesma liberdade para escoller

Os bonos de 50 € e 100 € funcionan como saldo. O de 100 € é unha opción para regalar un plan en parella ou entre amigas; o número de prazas que cobre depende do prezo do obradoiro.

Se o obradoiro custa menos, conservas o saldo restante para outra reserva dentro da validez do bono. Se custa máis, podes pagar a diferenza.

Como regalalo

Compra o bono en Ticket Tailor e entrega o bono dixital, impreso ou por mensaxe. Quen o recibe pode consultar o calendario e contactar con Slowly Atelier para confirmar a praza e o troco.

Consultar o calendario · Contactar

Preguntas frecuentes

Ata cando podo compralo e utilizalo? A campaña remata o 6 de xaneiro de 2027 ás 23:59, hora peninsular. Cada bono ten seis meses de validez desde a compra.

Podo cambiar de actividade ou pedir unha devolución? Os cambios dependen da dispoñibilidade e das condicións da reserva confirmada. Os bonos non se trocan por efectivo nin teñen devolucións voluntarias por cambios de opinión ou falta de uso. Respéctanse os dereitos legais aplicables.

E se quero regalar un obradoiro privado? Organizamos experiencias para ata 10 persoas na Mariña e no Barbanza, e ata 25 en Galicia e no occidente asturiano. Escríbenos para coñecer as opcións.

Condicións de compra

Comprar bonos regalo ↗