Slowly Atelier
ESGLEN

Experiencias para grupos

Para equipos, celebracións e espazos culturais. Atopa a proposta para a túa ocasión.

Experiencias creativas para equipos.

MARCAS · EMPRESAS · EQUIPOS

Un espazo para compartir algo distinto: traballar coas mans, conversar e descubrir unha técnica xuntos. Para reunións, retiros, encontros de marca e xornadas de equipo.

Origami Light

Cada persoa crea unha lámpada de papel: unha peza que pode acompañar o espazo despois do encontro.

Paint & Pause

Unha sesión de pintura para explorar a cor, compartir mesa e cambiar de ritmo.

Print Your Mark

Deseño, gravado e estampación. Podemos valorar motivos, cores ou detalles vinculados á marca.

O grupo, a ocasión e o grao de personalización determinan a proposta. Non necesitas unha idea completamente pechada para comezar a conversa.

Descubre as experiencias para equipos ↗
Un motivo para celebrar. Unha maneira de recordalo.

CELEBRACIÓNS · FESTAS PRIVADAS · EVENTOS ÚNICOS

Aniversarios, unha reunión de amizades, unha celebración familiar ou simplemente as ganas de dedicarvos unha tarde. Escollemos unha experiencia acorde ás idades, ao grupo e ao lugar.

Podemos partir dunha proposta de papel, xoiería, pintura, estampación ou debuxo, e adaptala para vós. Cada encontro ten a súa propia forma; pechamos materiais, duración e orzamento antes de reservar.

Cóntame que celebrades ↗
O teu espazo. Outra forma de habitalo.

ESPAZOS CREATIVOS · HOTEIS · COWORKINGS

Unha actividade aberta á vosa comunidade ou un obradoiro para un grupo pechado. Slowly Atelier deseña e facilita a experiencia; acordamos data, necesidades, formato de inscrición e difusión co espazo.

Podemos valorar unha proposta puntual ou unha programación por temporadas. Traballamos en Galicia e no occidente asturiano, con bases en A Mariña Lucense e o Barbanza.

Descubre as experiencias para equipos ↗
Programación que convida a participar.

CONCELLOS · CULTURA · XUVENTUDE · TURISMO

Experiencias creativas para incorporar á axenda dun concello, unha casa da cultura, unha feira ou un encontro local. O papel, a pintura, a estampación e o debuxo ofrecen distintas formas de traballar segundo o público.

Sketch & walk permite coñecer unha contorna camiñando e observando; unha proposta de origami transforma unha mesa nun pequeno atelier. Podemos axustar temática, duración e materiais á ocasión.

Unha vez. Ou un fío que continúa.

ASOCIACIÓNS · COLECTIVOS · ENTIDADES

Para asociacións culturais, veciñais, de mulleres, familias, maiores e outros colectivos. Podemos propoñer unha actividade puntual ou unha secuencia de encontros que teña sentido para o voso grupo.

Unha técnica nova, unha creación compartida ou unha oportunidade de atoparse fóra da rutina. Partimos de idades, intereses, espazo e orzamento para propoñer un formato concreto.

Descubre as experiencias para equipos ↗

Poñémolo en marcha
sen complicalo.

  1. Cóntanos o contexto

    Localidade, data orientativa, persoas, idades e que vos gustaría vivir.

  2. Recibe unha proposta

    Experiencia, duración, materiais, necesidades do espazo e orzamento.

  3. Reserva a data

    Concretamos as condicións e deixamos preparado o encontro.

Galego · Castelán · Inglés. Consulta dispoñibilidade con antelación se preparas a próxima temporada.

PARA O TEU PRÓXIMO EVENTO

Recibe o dossier
para o teu grupo.

Cóntanos para quen buscas a experiencia e enviarémosche as propostas para marcas e equipos, celebracións ou programación cultural.

Responsable: Inma Gregorio. Usamos os teus datos para responder e rexistrar a túa consulta na nosa lista privada de contactos; novidades só se as solicitas. Dereitos e máis información en privacidade.

Responderémosche ao email que nos deixes.