
Experiencias privadas e familiares
Un obradoiro privado para familias, celebracións e grupos de distintas idades. Unha experiencia compartida e unha peza propia para levar.
COLABORACIÓNS PROFESIONAIS
Se deseñas viaxes ou retiros, aquí tes un equipo local co que dar forma á parte creativa do itinerario. Traballamos con axencias, operadores e aloxamentos para crear experiencias privadas que deixan tempo para mirar, conversar e facer algo coas mans.
Solicita unha proposta

Un obradoiro privado para familias, celebracións e grupos de distintas idades. Unha experiencia compartida e unha peza propia para levar.

Lámpadas de origami, gravado e estampación, pintura ou cadernos de debuxo. Crear en conexión co carácter de cada lugar.

Experiencias participativas para equipos, encontros con clientes e eventos de marca. Adaptamos o formato ao grupo e á ocasión.

Sesións creativas dentro dun retiro, un itinerario ou un programa cultural. Desde un obradoiro ata un ciclo, coordinado co teu equipo.
Unha mañá de debuxo para mirar un porto con outros ollos. Unha sesión de gravado inspirada nas formas do lugar. Ou unha mesa de origami, ao final do día, onde cada viaxeiro crea unha pequena lámpada para levar consigo. Podemos deseñar unha parada creativa, unha actividade privada para unha familia ou varias sesións nun retiro ou programa cultural.
Se organizas viaxes, cóntanos quen vén, onde se aloxa e de canto tempo dispós na ruta. Acordamos contigo a duración, o idioma, os materiais e o espazo, e preparamos unha proposta para reservar a experiencia completa para o teu grupo. Se cambia o itinerario ou necesitas unha opción baixo cuberto, valorámolo ao deseñar a actividade.
Formatos á medida · Desprazámonos ao espazo acordado · Galego, castelán ou inglés · Colaboracións de marca branca mediante acordo
Inma Gregorio fundou Slowly Atelier despois de máis de quince anos no sector das viaxes e do márketing e oito acompañando grupos de mozos e adultos no estranxeiro. Conta con formación para dirixir actividades con grupos, tamén ao aire libre, e con experiencia deseñando e impartindo obradoiros creativos.
Inma é a túa interlocutora e traballa cun equipo de colaboradores e cunha rede de profesionais e espazos en Galicia e no occidente asturiano. Podemos desprazarnos ao voso aloxamento, sede ou punto da ruta, ou explorar contigo un espazo da rede. Adaptamos a técnica, o ritmo e o idioma ao grupo, en galego, castelán ou inglés. Slowly Atelier conta cun seguro de responsabilidade civil en vigor.
Coñece experiencias anterioresEstas son as condicións de referencia para encargos profesionais. A proposta recolle as condicións acordadas para a reserva. Aplícanse os dereitos que correspondan por lei.
COLABORACIÓNS PROFESIONAIS
Se estás a preparar un itinerario, comparte as datas, o tamaño do grupo, o lugar e o idioma que precisas. Tamén podemos partir dunha idea e darlle forma contigo.
Tarifas netas orientativas por grupo para colaboradores profesionais, sen o IVE aplicable. Cada proposta concreta participantes, duración, materiais, espazo e desprazamento. Son experiencias de grupo por encargo; os obradoiros abertos e os bonos teñen os seus propios prezos.
Buscas un obradoiro aberto con data?
Consulta próximas datas